Prismas de xeo

Prismas de xeo en Inari, Finlandia. Humidade relativa: arredor do 80%, temperatura: ca. −16 °C.

Os prismas de xeo, tamén chamados po de diamante, están constituídos por cristais de xeo con forma de agullas ou láminas, tan pequenos que semellan estar suspendidos no aire. Estes cristais poden caer dunha nube ou do ceo despexado.

Este fenómeno meteorolóxico tamén se coñece simplemente como cristais de xeo e infórmase no código METAR como IC. O po de diamante fórmase xeralmente baixo ceos que doutra maneira estarían despexados ou case despexados, polo que ás veces chámaselle precipitación de ceo despexado. O po de diamante obsérvase con maior frecuencia na Antártida e o Ártico, mais pode ocurrer en calquera lugar cunha temperatura moi por debaixo o punto de conxelación. Nas rexións polares da Terra, o po de diamante pode persistir durante varios días sen interrupción.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search